Thursday 18 de April de 2024

Laxe convértese no epicentro do percebe


• José Luís Pérez, agradece a Luís Polo o seu compromiso con Laxe, ao doar as copias das imaxes que desde hoxe atópanse expostas no Museo do Mar de Laxe.

Hoxe Laxe convértese no epicentro do percebe e de todo o que rodea a estes crustáceos, coa inauguración da Exposición “Percebe de Laxe”, unha doazón de imaxes obtidas polo fotógrafo Luís Polo, que decidiu doar unha copia destas marabillosas imaxes, para que todos os visitantes que se aproximen a Laxe poidan gozar, ao mesmo tempo que pon en valor o gran traballo e esforzo que teñen que realizar todos os días os Percebeiros.

Na presentación atopábase o delegado da Xunta de Galicia Gonzalo Trenor, que quixo acompañar ao rexedor José Luís Pérez e ao resto de concelleiros do goberno e da corporación que asistiron a este acto, que serviu como pistoletazo de saída, á que en poucos días presentarase a “Ruta do Percebe de Laxe”, Luís Polo nas súas palabras enxalzou o Percebe e todo o que o rodea.

Pola súa banda Jose Luís, confirmou a través desta exposición o gran traballo realizado polo fotógrafo Luís Polo, e agradece enormemente o que doase estas imaxes para o goce de toda a veciñanza e dos visitantes que continuamente se achegan a nosa Vila. No seu discurso o rexedor agradeceu persoalmente a Luís Polo que sexa participe desta iniciativa que é a punta do iceberg, do que nuns días converterase na Ruta do Percebe de Laxe, unha iniciativa máis que necesaria, xa que non soamente falarase do produto, senón que se dará a coñecer a través das súas imaxes, o gran traballo e esforzo que teñen que realizar os nosos percebeiros, que literalmente se teñen que xogar a vida, día a día para que todos os demais podamos gozar deste manxar.

E por mor disto José Luís Pérez quere lembrar con este acto a todos os percebeiros e os mariñeiros que por unha razón ou outra perderon as súas vidas realizando o que mellor saben facer “O seu traballo”.